|
A cultura é un dos activos máis importantes que os nosos devanceiros nos deixan, por iso o noso deber é tentar
difundila da mellor maneira posible e contribuír a que non se perda no esquecemento. Así poderemos continuar con esta
cadea que hai tanto tempo que comezou.
Por esta razón dende o Concello estase impulsando a recreación de labores típicos do campo tales como a sega e a malla,
así como a difusión de creacións artísticas como son os cantares de reis. |
Novas Culturais |
| 09 de decembro de 2011 |
Postais de Nadal |
| 09 de decembro de 2011 |
Postais de Nadal |
Postais de Nadal.
O Concello organiza un concurso de postais de nadal cos seguintes premios:
* Nintendo WII + 1 xogo para o gañador/a.
* Bicicleta para o Segundo/a clasificado/a .
Poderán participar todos os/as alumnos/as do CPI Armando Cotarelo Valledor.
As postais entregaranse ao titor/a antes do 15 de decembro.
As bases completas no seguinte enlace.
|
| 01 de novembro de 2011 |
Feira Mensual + Rastro Mobles 2ª Man |
| 01 de novembro de 2011 |
Feira Mensual + Rastro Mobles 2ª Man |
Feira Mensual + Rastro Mobles 2ª Man.
O vindeiro 3 e 4 de decembro coincidindo coa fin de semana da Feira Mensual a Asociación Remar en colaboración co Concello de Boimorto organiza un Rastro de Mobles de 2ª Man no Polideportivo Municipal.
O recinto estará aberto durante toda a fin de semana en horario de 10 a 21. A entrada ao recinto é de balde e poderase mercar toda clase de mobles de 2ª Man e restaurados.
A mostra ocupara o recinto compelto do polideportivo e conforma unha oportunidade unica de mercar mobles a moi bo prezo.
|
| 01 de novembro de 2011 |
Cea de Nadal |
| 01 de novembro de 2011 |
Cea de Nadal |
Cea-Baile de Nadall
O venres 16 de decembro, gran cea-baile de Nadal para todos os veciños/as. Este ano no Concello pensamos en celebrar unha xuntanza popular para celebrar estas datas tan importantes para todos, haberá cea que estará amenizada por un dúo musical e sortearemos unha cesta de Nadal.
A data límite para apuntarse é o 12 de decembro na Casa do Concello ou chamando ao 981 51 60 20.
O Custe da cea será de 20 €/persoa.
|
| 01 de novembro de 2011 |
Excursión a Portugal |
| 01 de novembro de 2011 |
Excursión a Portugal |
Excursion a Portugal
O 19 de novembro realizaremos unha excursión para visitar o santuario do Bom Jesús (Portugal), pola mañá farase unha parada no Feirón de Vilanova da Cerdeira.
O custo é de 30€ por persoa e inclúese almorzo, xantar e transporte.
Os interesados deben anotarse no Concello ata o día 11 de novembro (mínimo 50 persoas). Se o tempo non o permite cambiarase a excursión para outra fin de semana.
Saida será dende o Campo do Rosario ás 7:00.
|
| 01 de novembro de 2011 |
Horario acceso libre á Aula de Informática |
| 01 de novembro de 2011 |
Horario acceso libre á Aula de Informática |
Horario acceso libre á aula de Informática(Provisional)
- Luns e xoves de 11:00 a 13:00
- Xoves de 16:30 a 18:30
|
| 01 de outubro de 2011 |
Outono Cultural na Casa da Cultura |
| 01 de outubro de 2011 |
Outono Cultural na Casa da Cultura |
Outono Cultural na Casa da Cultura.
- Contacontos para adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.
- Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.
|
| 01 de outubro de 2011 |
Horario Cursos Outono |
| 01 de outubro de 2011 |
Horario Cursos Outono |
HORARIO CURSOS OUTONO:
Curso iniciación a informática Centro de Maiores:Todos os luns de 10:00 a 12:00 horas.
Curso iniciación a informática e Internet Adultos:Todos os venres na Aula de Informática de 21:30 a 23:00 horas. Comeza o 7 de outubro.
Curso Risoterapia: Os martes de 21:00 a 22:30 h. no Centro de Maiores. Comeza o 4 de outubro.
Curso Pintura - Nenos: Todos os sábados de 16:00 a 17:30 h. na biblioteca. Comeza o 8 de outubro.
Curso Pintura - Adultos: Os sábados de 18:00 a 20:00 na Biblioteca. Comeza o 8 de outubro.
Aviso a todas as persoas que se anotaron aos cursos, quedan prazas en algúns deles. Os interesados chamen ao 981516020.
|
| 01 de outubro de 2011 |
Excursións a Centro Comerciais. |
| 01 de outubro de 2011 |
Excursións a Centro Comerciais. |
EXCURSIÓNS A CENTROS COMERCIAIS.
Para todas as idades. Os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta, ou ben, os pais asinar unha autorización onde se poña de manifesto que o Concello non se responsabiliza en ningún momento dos rapaces. Ademais insistimos na hora de saída e de regreso, non se esperará por ninguén. Máximo de 25 prazas, no caso de haber lista de espera na seguinte saída terán preferencia.
As saídas realizaranse os sábados e darán comezo no mes de novembro.
|
| 01 de outubro de 2011 |
Domingos de cine na Casa da Cultura |
| 01 de outubro de 2011 |
Domingos de cine na Casa da Cultura |
DOMINGOS DE CINE NA CASA DA CULTURA.
Actividade para todas as idades pero pensada para os pequenos da casa. Realizarase o terceiro domingo de mes na Casa da Cultura de Boimorto ás 17:30 horas. Esta actividade comezará o domingo 16 de outubro.
Nos domingos de cine proxectarase na casa da cultura unha película apta para todas as idades.
|
| 01 de outubro de 2011 |
Actividades extraescolares |
| 01 de outubro de 2011 |
Actividades extraescolares |
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Nestas actividades deberá haber un mínimo de 8 inscritos para poder realizalas. Para máis información ou para anotarse pasar polas oficinas do Concello ou ben chamar ó 981 51 60 20.
-Escolas deportivas municipais:
*Fútbol Sala. Rapaces/zas de 6-15 anos.
*Bádminton. Rapaces/zas de 6-15 anos.
*Tiro con Arco. A partir de 6 anos
*Atletismo. Rapaces/zas de 6-11 anos
-Patinaxe e Aprendemos a patinar. Para os de primaria (6 - 11 anos)
-Multideporte. Rapaces/zas de 12 a 15 anos
-Iniciación á informática. Rapaces/zas de 6-15 anos
-Curso Avanzado de informática. Rapaces /zas de 5 a 16 anos no Colexio.
-Curso de mecanografía. Para nenos/as de 5 ata 16 anos no Colexio
-Obradoiro de pintura e debuxo. Para nenos e nenas de entre 6 anos ata 16 anos.
-Actividades polas parroquias. De 6 a 16 anos. Debido a que non se deu formado grupo por parroquia, trasladamos estas actividades á biblioteca municipal. Todos/as aqueles nenos/as que queiran vir deberán apuntarse no concello. Estas actividades levaranse a cabo os luns e martes de 4 a 6 da tarde. Poderán facer os deberes, utilizar os ordenadores da biblioteca, xogos de mesa, leremos contos... estas actividades están abertas a todos os que queiran participar.
-Creación e produción audiovisual. Organizada en colaboración con DezTV
|
| 01 de outubro de 2011 |
Aula de Informática / Biblioteca |
| 01 de outubro de 2011 |
Aula de Informática / Biblioteca |
Aula de Informática / Biblioteca.
Ponse en coñecemento dos veciños que a Aula de Informática/Biblioteca abre de novo as súas portas no local sito detrás da oficina de Caixa Galicia. As actividades comezan o 10 de outubro
*Luns e Martes: de 16:00 a 19:00. Clases de Apoio e acceso libre ós ordenadores.
*Mércores: de 16:30 a 18:30 Curso de iniciación á informática e Mecanografía para nen@s. De 18:30 a 20:00 acceso libre.
*Xoves: de 16:30 a 18:30, Curso de iniciación á informática e mecanografia para nen@s. De 18:30 a 20:00 acceso libre.
|
| 20 de agosto de 2011 |
Feira de Setembro |
| 20 de agosto de 2011 |
Feira de Setembro |
Feira de Setembro 2011.
O sábado 3 de setembro a feira mensual coincide coa Festa do Rosario en Boimorto, polo que, para non entorpecer no desenvolvemento normal da festa trasladase a feira para a rúa Asientos (DP-1002), os postos distribuiranse no tramo que vai dende o Bar Cardelle ata a Rúa Boido. Dito tramo permanecerá pechado ao tráfico dende as 9 da mañá ata as 3 da tarde.
Non deixen de vir a Boimorto xa que será unha mañá moi completa. Feira, actuación circense e festa todo nunha mesma xornada.
|
| 05 de agosto de 2011 |
Próximos cursos para os meses de Setembro - Decembro |
| 05 de agosto de 2011 |
Próximos cursos para os meses de Setembro - Decembro |
Cursos para os meses de Setembro a Decembro
Dende o Concello de Boimorto pretendese desenvolver varios cursos ao longo do ultimo cuatrimestre do ano.
Os cursos serán un día á semana e os horario decidiranse entre os participantes. Os interesados deberan inscribirse canto antes chamando ao Concello xa que as prazas son limitadas. A ultima data para se inscribir será o 15 de setembro de 2011.
*Iniciación á INFORMÁTICA: Centro de Maiores (un día semana) iniciación á informática dende un punto de vista básico ( Windows, programas de tratamento de textos e iniciación a Internet)
*Iniciación á INTERNET e CORREO ELECTRÓNICO PARA ADULTOS
Internet converteuse en poucos anos nun dos motores que move o mundo, a diario está presente na vida da maioría das nosas vidas, facilitando a comunicación (Chat,facebook,...) a busca de información, o seguimento das noticias en tempo real, ...
*Obradoiro RISOTERAPIA: a risa é unha mediciña gratuíta, técnicas de relaxación, liberar tensións, expresión corporal, xogos, exercicios de respiración, utilizando a risa como camiño para eliminar bloqueos emocionais, físicos e mentais (límite de participantes - por orde de inscrición)
* Obradoiros de PINTURA-DEBUXO
Haberá un para nenos/as e outro para adultos, buscando fomentar ás técnicas de pintura, a creatividade, como forma de desconectar do traballo ou como entretemento no tempo de ocio.
|
| 05 de agosto de 2011 |
Actividades Agosto - Setembro 2011 |
| 05 de agosto de 2011 |
Actividades Agosto - Setembro 2011 |
Actividades Agosto - Setembro 2011.
*PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.
9 de agosto de 2011 de 16:30 a 17:30 na Área recreativa da piscina municipal, se fai mal tempo trasladaremonos ao Polideportivo.
Actividade encamiñada aos nenos/as, vide merendar con nós!
A participación na actividade estará condicionada a orde de chegada.
Haberá unha xincana de obstáculos relacionados coa conservación do medio ambiente, centrándose na pesca, os pequenos elaborarán os seus bocatas a base de conservas.
*Duelirium: O que queda por chover
Domingo 21 de agosto ás 17:00 horas na Área recreativa da piscina municipal
Teatro de rúa con acrobacias aéreas, contorsións dentro dunha maleta, pirámides humanas…
SÁBADO 3 DE SETEMBRO:
*Circo Chosco
Ás 12:00 horas no Campo do Rosario. Coincidindo coa Feira Mensual
Comedia e Circo: malabares, equilibrios, aéreos, interpretación, risas, trampas e golpes
DOMINGO 4 DE SETEMBRO:
*Festa infantil. Ás 17:00 horas no Campo do Rosario. (Se chove no Pavillón Municipal).
Haberá actividades para os máis pequenos, inchables, música, talleres e festa da escuma.
|
| 20 de xuño de 2011 |
VI Conrobla |
| 20 de xuño de 2011 |
VI Conrobla |
VI Conrobla.
o vindeiro Sábado 9 de xullo na Área anexa á piscina a Asociación Santiaguiños celebrara a VI conrobla.
A festa dará comezo ao mediodia coa actuación da Banda de Ordes para amenizar a sesión Vermú. Tra-la cal terá lugar un xantar popular baixo unha carpa.
Á tardiña haberá actividades para todos os públicos:
* Obradoiros de baile e música.
* Xogos populares.
* Mostra de artesanía e produtos da comarca.
* Actuacións de música e baile no serán.
Os prezos da comida son de 10 euros para a ceo ou o xantar e de 15 euros se reserva praza para as duas xuntas. Os nenos cobraraselles 5 euros. Anotarse no 654 20 31 69
|
| 20 de xuño de 2011 |
Programa de Tempo de Lecer(Verán) |
| 20 de xuño de 2011 |
Programa de Tempo de Lecer(Verán) |
Programa Tempo de Lecer(Verán).
Durante o mes de xullo, en horario de 10:30h. a 13:00h. e de luns a venres, levaranse a cabo actividades na área recreativa da piscina para rapaces a partir de 6 anos. As actividades serán ao aire libre e no caso de que chova trasladarémonos ao colexio ou á casa da cultura. Haberá xogos, piscina, rutas de sendeirismo, obradoiros... Este ano non conteremos con servizo de transporte pero o programa será gratuíto.
As actividades comezarán o luns 4 de xullo e rematarán o mércores 29 de xullo e deberá de haber un mínimo de 10 nenos/as. Para anotarse deberedes pasar polo Concello a realizar a inscrición, o prazo remata o 30 de xuño.
|
| 20 de xuño de 2011 |
Actuación do Mago TETO |
| 20 de xuño de 2011 |
Actuación do Mago TETO |
Actuación do Mago TETO.
O sábado 16 de xullo ás 5 da tarde na Piscina Municipal teremos a actuación do Mago Teto ca obra “O afiador”.
Un espectáculo de maxia para todas as idades. Vide todos desfrutar dun espectaculo de maxia sen igual.
|
| 20 de xuño de 2011 |
Fallo do xurado do III Certame de Relato Curto |
| 20 de xuño de 2011 |
Fallo do xurado do III Certame de Relato Curto |
III Concurso Literario de Minirelatos:
Como ven sendo habitual co gallo do Día das Letras Galegas o Concello organizou un concurso de Minirelatos. O fallo do xurado no seguinte enlace.
|
| 01 de xuño de 2011 |
I torneo de Verán de tute no Centro de Maiores |
| 01 de xuño de 2011 |
I Torneo de Verán de Tute no Centro de Maiores |
I Torneo de Verán de Tute para os usuarios do Centro de Maiores.
Do 13 ó 24 de xuño celebrarase este primeiro torneo de verán. Os usuarios do centro que estean interesados en participar deberán inscribirse no propio Centro falando con César.
|
| 25 de marzo de 2011 |
Feira do Comercio Galego 2011 |
| 25 de marzo de 2011 |
Feira do Comercio Galego 2011 |
Feira do Comercio Galego 2011
A feira terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no pavillón municipal. Contaremos coa presenza de máis de 40 stands moi variados e competitivos. Todos eles con iluminación propia e todo estará preparado como se dun Centro Comercial se tratará. Non podedes perder a oportunidade de acudir. Tamén teremos inchables para os máis pequenos e postos de comida.
Desde o Concello queremos informar que esta feira non supón ningún gasto e que se ofertou a posibilidade de participar na mesma aos comerciantes de Boimorto de forma gratuíta.
A feira estará en funcionamento tres días e os horarios serán os seguintes:
Venres 25 Acto de inauguración ás 15:45h. Estades todos/as convidados/as.
Inicio da feira ás 16:30h.
Hora de peche ás 21:30h.
Sábado 26 Inicio da feira ás 10:30h.
Descanso de 14:30h. ás 16:00h.
Hora de peche ás 21:30h.
Domingo 27 Inicio da feira ás 10:30h.
Descanso de 14:30h. ás 16:00h.
Hora de clausura da feira ás 21:30h.
As fotos do Evento:
Feira Galega do Comercio -2011
|
| 06 de marzo de 2011 |
Entroido 2011 |
| 06 de marzo de 2011 |
Entroido 2011 |
Baile de disfraces.
A partir das 6 da tarde no Pabellon Municipal.
Na festa haberá baile, chocolate e doces típicos do Entroido. Aquelas persoas que acudan poden colaborar traendo algún doce. O chocolate e o baile poñerao o Concello.
Invitamos a todos os nosos veciños /as a que veñan disfrazados, contaremos cun grupo musical, inchables, chocolate e obradoiros para os máis pequechos.
As fotos do evento:
Entroido 2011
|
| 05 de marzo de 2011 |
Nomeamento de Suso de Marcos como Fillo Predilecto |
| 05 de marzo de 2011 |
Nomeamento de Suso de Marcos como Fillo Predilecto |
Nomeamento de Suso de Marcos como Fillo Predilecto
O pasado 30 de decembro de 2010 aprovouse, por maioria absoluta no Pleno Municipal, o nomeamento de Suso de Marcos como Fillo predilecto de Boimorto. Este nomeamento foi promovido por 4 asociacións municipais en colaboración co Concello: "Asociación Rexurdimento dos Ánxeles", "Asociación Campo da Rula de Sendelle","Asociación Cultural Santa Maria dos Anxeles" e "Asociación Rápido de Dormeá".
Este constitúe a maior distinción que esta administración pode outorgar e con ela saldase unha debeda cun home que fixo moito por Boimorto e levou o nome de Boimorto por toda España.
Programa de Actividades:
Venres 4 de marzo. Liñeiro-Ánxeles
20:00 horas. Apertura de Exposición no local de Liñeiro (Os Ánxeles)
21:00 horas. Descubrimento dun placa no Local de Liñeiro que pasará a chamarse CENTRO DE DINAMIZACIÓN SUSO DE MARCOS en honor ó homenaxeado.
Sábado 5 de marzo. Casa do Concello
13:30 Acto de Nomeamento de Fillo Predilecto na Casa do Concello. O acto será aberto para todos os veciños que o queiran presenciar.
15:00 Xantar - Homenaxe no Pavillon Polideportivo. O prezo do xantar será de 20€ por persoa e as entradas estarán a disposición dos interesados na Casa do Concello ata o 25 de febreiro.
As fotos do evento: Nomeamento de Suso de Marcos como fillo predilecto
|
| 5 de xaneiro de 2011 |
Visita dos Reis a Boimorto |
| 5 de xaneiro de 2011 |
Visita dos Reis a Boimorto |
Visita dos Reis a Boimorto
Un ano máis os Reis Magos xa están de camiño a Boimorto e farán unha parada para ver e agasallar aos pequechos. Esperamos a súa chegada o 5 de xaneiro ás 18 horas.
Haberá moitas sorpresas e actividades programadas para esa tarde,NON FALTEDES.
As fotos do evento: Visita dos Reis a Boimorto
|
| 02 de xaneiro de 2011 |
VII Certame de Cantares de Reis |
| 02 de xaneiro de 2011 |
VII Certame de Cantares de Reis |
VII Certame de Cantares de Reis
O concello de Boimorto un ano máis vai levar adiante este Certame que ten como primeiro obxectivo o de conservar e promover a nosa tradición popular.
O Certame vaise celebrar o domingo 2 de xaneiro no pavillón municipal ás 16:30. Contaremos con novas cuadrillas, ademais das de sempre, e destacamos a presenza dun grupo de Portugal. Durante o Certame poderemos ver un desfile de traxes tradicionais galegos, incluíndo o de Boimorto.
Haberá expositores de artesanía variada e churros con chocolate á venda.
Esperámosvos a todos/as ese día.
As fotos do evento: VII Certame de Cantares de Reis
|