|
O Concello de Boimorto no seu afan de colaboración coas Asociacións que desenvolven a sua actividade no noso Concello creou un "Rexistro Municipal de Asociacións". Este rexistro está aberto a todas aquelas Asociacións que así o soliciten e grazas a el temos unha ferramenta util para que os nosos veciños teñan coñecemento das Asociacións que realizan a sua labor dentro do noso concello.
As asociacións de Boimorto:
- Agrupación Folclórica Santiaguiños.
- Asociación Cultural Virxe do Rosario.
- Asociación Deportiva, gastronómica, cultural e ambiental "Rápido de Dormeá".
- Asociación Cultural Fondouces de Brates-Mercurín.
- Asociación de Veciños Campo da Rula de Sendelle.
- Asociación Cultural Santa Maria de Os Ánxeles.
- Asociación Cultural e Veciñal de rodieiros.
- Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoia á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide (AMARAI).
- Asociación Veciñal, xuvenil e Cultural rexurdimento de Os Ánxeles.
- Asociación de Veciños Monte da Cruz de Cardeiro.
- Asociación de Veciños Vista Alegre de Andabao.
- Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Boimorto.
- Asociación de Veciños "A Roda" de Boimorto.
- Agrupación de Defensa Sanitaria do Gando Vacún de Boimorto.
- Clube de Futbol de Boimorto.
|