News

Servizo de apoio integral a coidadoras

A Fundación Mulleres presenta CIUDADANAS, un proxecto que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia, a través dun Servizo de Apoio Integral a Coidadoras.
Recursos e servizos: apoio e asesoramento, talleres grupais ( saúde e autocoidado, habilidades persoais e comunicativas, alfabetización dixital), apoio psicolóxico e emocional, grupos de axuda.

Curso semipresencial creación empresa Fundación Mujeres

Curso dirixido a mulleres que queiran crear un empresa. Terá unha duración de 100 horas.
Datas: 14 setembro Fin: 30 novembro
Caracteristicas do curso :
* 7 Sesións presenciais.
* Traballo en liña personalizado
* 4 Talleres presenciais de reforzo e axuda á elaboración do plan de empresa
* Titorías personalizadas.
As prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas deben inscribirse o antes posible, chamando ao 981 29 40 97.
Mais información falando coa Tecnica de Emprego do Concello.

VIII Torneo de Tenis

Do 22 ao 31 de agosto disputarase a oitava edición do Torneo de Tenis do Concello de Boimroto.
En función das categorias repartiranse os seguintes premios en Vales de compra para material deportivo:
* Rapaz (nados no 2001, 2000 e 1999).
Vales de 40 euros para o gañador e 20 para o subcampión.
* Mozo (nados no 1998,1997 e 1996).
Vales de 60 euros para o gañador e 30 para o subcampión
* Senior (nados no 1995 e anteriores).
Vales de 100 euros para o gañador e 50 para o subcampión.

Pages

Subscribe to News