Nestas actividades deberá haber un mínimo de 8 inscritos para poder realizalas. Para máis información ou para anotarse pasar polas oficinas do Concello ou ben chamar ó 981 51 60 20.
-Escolas deportivas municipais:
*Fútbol Sala. Rapaces/zas de 6-15 anos.
*Bádminton. Rapaces/zas de 6-15 anos.
*Tiro con Arco. A partir de 6 anos
*Atletismo. Rapaces/zas de 6-11 anos
-Patinaxe e Aprendemos a patinar. Para os de primaria (6 - 11 anos)
-Multideporte. Rapaces/zas de 12 a 15 anos
-Iniciación á informática. Rapaces/zas de 6-15 anos
-Curso Avanzado de informática. Rapaces /zas de 5 a 16 anos no Colexio.
-Curso de mecanografía. Para nenos/as de 5 ata 16 anos no Colexio
-Obradoiro de pintura e debuxo. Para nenos e nenas de entre 6 anos ata 16 anos.
-Actividades polas parroquias. De 6 a 16 anos. Debido a que non se deu formado grupo por parroquia, trasladamos estas actividades á biblioteca municipal. Todos/as aqueles nenos/as que queiran vir deberán apuntarse no concello. Estas actividades levaranse a cabo os luns e martes de 4 a 6 da tarde. Poderán facer os deberes, utilizar os ordenadores da biblioteca, xogos de mesa, leremos contos... estas actividades están abertas a todos os que queiran participar.
-Creación e produción audiovisual. Organizada en colaboración con DezTV