O venres 5 de agosto iremos de novo de excursión ao Aquapark de Cerceda despois do éxito do ano pasado. A saída está programada para as 11:00h. desde o Campo do Rosario e o regreso ás 20:00h. Os interesados deberanse anotar no Concello antes do martes día 2 de agosto e contaremos cun límite de 50 prazas por orde rigorosa de inscrición. Como mínimo deberanse cubrir 30 prazas.
Os menores de idade non poderán ir sos e o acompañante que se faga cargo deles poderá levar un máximo de 5 cativos/as.
O custo da actividade será de 9 € e cubre os gastos do transporte e da entrada. Cada un levará a súa comida.
Category: