Prazos renovacion e novas matriculas PAI curso 2020-21

Ven de se facer público no taboleiro de edictos electrónicos do Concello de Boimorto (ver neste enlace) o decreto de alcaldía no que se recollen os prazos para as renovacións de matrículas e novas inscricións do Punto de Atención á Infancia para o vindeiro curso 2020-21, que son as seguintes:

  • Renovación de matriculas (nenos xa matriculados no presente curso): dende o 20 de maio ao 9 de xuño de 2020. (ambos incluídos)
  • Novas inscricións para o vindeiro curso: dende o 10 de xuño ao 10 de xullo de 2020. (ambos incluídos)

Para máis información poden dirixirse aos servizos sociais no 981 51 60 75, onde lles indicaran o procedemento para tramitar as mesmas asi como se lles facilitaran os modelos oportunos a fin de que preferiblemente se prenseten pola Sede electronica municipal ou ben, de non ter esta posibilidade, os traian cubertos e asinados da casa.

Category: