Onte día 20 de xullo publicáronse no BOP dúas novas liñas de axudas PEL, enmarcadas dentro da liña 4, de financiamento europeo, PEL-Rurinnova e PEL-Relevo que se desenvolven a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e teñen como obxectivo apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento entre a xuventude do rural e facer fronte ao declive demográfico nos municipios do rural coruñés.
-
PEL RELEVO: Pinchar para ver no BOP
A través de PEL RELEVO cada empresa ou empregadora poderá obter axudas, segundo o cálculo establecido e a cóntía quer corresponda, de entre 6 e 12 meses para cada persoa moza contratada e ata un máximo de 5 persoas mozas contratadas na mesma empresa.
Esta axuda PEL RELEVO xestiónase a través de procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible.
-
PEL RURINNOVA: Pinchar para ver no BOP
A través de PEL RURINNOVA financiaránse as altas de persoas mozas que se incorporen ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos xa sexa como persoas físicas ou como persoas xurídicas, no caso de persoas xurídicas o número máximo de altas a subvencionar será de 3 persoas na mesma entidade, cubrindo coa axuda un período de entre 6 meses mínimo e 12 meses como máximo.
Categoría: