Axente de Emprego

Publicadas as Bases para a convocatoria da praza de Axente de emprego e Desenvolvemento Local.

No dia de hoxe publicouse na Sección de emprego o Decreto de convocatoria dunha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local para cubrir a baixa de maternidade da titular.
Mais información na sección de Emprego.

Publicado o Decreto de Contratación de persoal para a Miniresidencia e Centro de Dia de Boimorto

Pódese ver na sección de Selección de Persoal para Miniresidencia e Centro de Día do Concello de Boimorto

Servizo de apoio integral a coidadoras

A Fundación Mulleres presenta CIUDADANAS, un proxecto que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia, a través dun Servizo de Apoio Integral a Coidadoras.
Recursos e servizos: apoio e asesoramento, talleres grupais ( saúde e autocoidado, habilidades persoais e comunicativas, alfabetización dixital), apoio psicolóxico e emocional, grupos de axuda.

Curso semipresencial creación empresa Fundación Mujeres

Curso dirixido a mulleres que queiran crear un empresa. Terá unha duración de 100 horas.
Datas: 14 setembro Fin: 30 novembro
Caracteristicas do curso :
* 7 Sesións presenciais.
* Traballo en liña personalizado
* 4 Talleres presenciais de reforzo e axuda á elaboración do plan de empresa
* Titorías personalizadas.
As prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas deben inscribirse o antes posible, chamando ao 981 29 40 97.
Mais información falando coa Tecnica de Emprego do Concello.

Páginas

Suscribirse a RSS - Axente de Emprego