Bebeteca 2016 - 2017

Como en anos anteriores o concello de Boimorto vai poñer en marcha a BEBETECA, trátase dun servizo gratuíto destinado a nenos/as de 0 a 3 anos co que se pretende:

  • Ofrecer un lugar especial de ambiente cálido de estimulación, de xogo e de imaxinación para os nenos e nenas.

  • Favorecer a relación entre os nenos/as e os seus proxenitores ou coidadores realizando actividades nas que os adultos participen dun xeito activo.

  • Favorecer a relación entre os nenos e nenas desta idade.

Nas actividades deberán participar o neno/a e un titor/acompañante que serán coordinados por unha mestra.

  • Horario:  de 16:30 h. a 18:30 h. , os martes e xoves.

  • Lugar:Levarase a cabo na Gardería do Concello (Planta primeira da Casa da Cultura).

  • Inicio:A actividade dará comezo no mes de outubro.

  • Inscricións:Antes do27 de setembro, debendo haber alomenos 10 inscritos.

Para inscribirse e máis información poden dirixirse á Gardería do concello (en horario de 10:30 a 12:00).

Esperamos que esta actividade sexa do seu agrado e que lle dean unha oportunidade a esta iniciativa, que coidamos será relevante para o desenvolvemento do seu pequeno/a.