Novas Servizos Sociais

* FAMILIAS CON MENORES

Dende os servizos sociais do concello estase estudando a posibilidade de realizar diferentes actuacións coas familias que teñan menores polo que se convocan ás mesmas a unha reunión informativa para que nos transmitan as demandas das actuacións que serían do seu interese.

Data da reunión: 10 de febreiro    Hora:21:00 h   Local: Centro Social Municipal de Maiores

* ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON DEMENCIA

Convócase a todas as persoas que convivan con algún familiar que padeza algún tipo de demencia a unha reunión informativa co obxectivo de dar a coñecer un proxecto de intervención que está sendo elaborado polos servizos sociais.

Dada a alta incidencia destas enfermidades neurodexenerativas no concello consideramos de especial importancia a asistencia dos familiares/coidadores principais para programar futuras intervencións de cara a mellorar a súa calidade de vida e a dos seus coidadores/as.

Data da reunión: 17 de febreiro     Hora:21:00 h    Local: Centro Social Municipal de Maiores

* PROXECTO DE VOLUNTARIADO SOCIAL

Dende os servizos sociais convocamos á veciñanza de Boimorto a unha reunión informativa para presentar un proxecto de voluntariado social a desenvolver no Concello que se celebrará o día 24 de febreiro no Centro Social Municipal de Maiores ás 21:00 h.

- Que é o voluntariado social?

Personas que de forma solidaria e desinteresada se comprometen a prestar unha parte do seu tempo libre en beneficio doutras persoas que o necesitan.

- Qué xustifica a posta en marcha deste proxecto?

Boimorto é un concello rural onde a poboación está moi dispersa. O despoboamento e o envellecemento da poboación agrava as condicións de vida das persoas que teñen máis necesidade de comunicación, compañía e menos posibilidades de acceder aos servizos que oferta o concello. Con este proxecto tratamos de axudar ás persoas que máis sufren as consecuencias desta situación.

- Por qué é interesante asistir?

o   Porque é un proxecto do que se van a beneficiar as persoas máis vulnerables do concello, dirixido principalmente a disminuir a situacións de aillamento e soedade.

o   Porque é un proxecto solidario, aberto a todas as suxerencias que presenten as persoas interesadas en participar. Os veciños do concello son os que mellor nos poden informar das súas necesidades e do que poden aportar a este proxecto.

* A Xunta de Galicia convoca axudas para o pagamento da factura eléctrica a través do ticket eléctrico social de Galicia.

Son posibles beneficiarios destas axudas as unidades familiares que teñan menores ou persoas discapacitadas e non superen os 9.585,19 € ó ano. O prazo de presentación de solicitudes será ata o mes de xuño de 2017. As familias interesadas poden pasar polos servizos sociais do Concello de Boimorto de luna a venres de 9 a 15 horas.

Categoría: