Que visitar

O Camiño

Rutas polo Concello

Vistas Panorámicas

 

 
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dentro do Termo Municipal de Boimorto contamos con numerosos fitos que atestiguan a gran historia de Boimorto.

Son numerosos os pazos así como as grandes casas de labranza. De entre eles sobresae o pazo de Vilanova en Dormeá, un pazo moi importante tanto por ser un dos máis grandes e mellor conservados do Concello, como por poseer unha das balconadas máis fermosas e cunhas vistas espectaculares. A lista é moi grande, o pazo de Liñeiro (Os Anxeles), a casa do Boido (Boimorto), ..., pero merecen a pena posto que son historia viva da nosa vila.

Outro dos grandes atractivos historicos son as igrexas. A igrexa de San Blas, sita no lugar de O priorato (Dormeá) e a igrexa de Sta. Maria de Sendelle son as pezas mais significativas. A primeira non posue un alto valor arquitectonico pero si se ten constancia da sua antiguidade.

No tocante á de Sta. Maria tratase dunha igrexa cun gran valor arquitectonico e pictorico. Conta no seu interior cunhas pinturas moi interesantes e en bo estado de conservación.

Por outra banda, o segundo gran atractivo de Boimorto son as suas paisaxes.

Os vales e montañas de Boimorto constituen unha riqueza paisaxística sen igual que fan de Boimorto un dos lugares máis fermosos para visitar e ainda mellor para vivir.

Mención especial merece a vexetación de ribeira que nesta zona acada un maior simbolismo coa presenza de dous grandes rios como son o Iso e o Tambre.

Xa so nos queda animalos a que nos visiten e vexan o que Boimorto ten para ofrecer: bonitas paisaxes, tranquilidade, boa xente, ...

Boimorto, un lugar para vivir.

 

a