Bando xestión faixas de protección prevención e defensa contra incendios forestais

En data 13/07/2020 ditase pola Alcaldia Bando no que se recollen as distancias das plantancións a vivendas illadas ou nucleos de población asi como as faixas de protección nas que se debe xestionar a biomasa forestal. Ditas distancias recollense na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais, asi como no Plan Municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Boimorto, que foi aprobado definitivamente no pleno ordinario do 26 de xuño de 2020. Este plan esta composto por diversos mapas nos que se marcan as faixas de protección ao redor dos núcleos, vivendas illadas e estradas/pistas municipais e autonomicas.

Recordar a veciñanza a obrigatoriedade do mantemento destas faixas de protección que serán revisadas por persoal municipal e persoal do distrito forestal III.

Publicase na data de hoxe no Taboleiro de anuncios electronico do Concello o citado bando asi como un resumo mais visual do mesmo. 

Acceso ao anuncio no taboleiro

Category: