Programa Clara

Este 14 de xaneiro comezaron os “Obradoiros de  Motivación e Desenvolvemento persoal” do programa Clara cofinanciado polo Instituto da Muller, e dirixido a mulleres que desexen mellorar o seu acceso ao emprego; e que rematarán o vindeiro mes de abril.

Estes obradoiros corresponden á primeira fase do programa, que contará tamén con outras actividades como un Módulo de Ferramentas para a busca de emprego e un curso de formación ocupacional.

Neste programa participan ata 30 mulleres, nas que mais da metade son veciñas do concello, debido ó éxito de participación fixéronse dous grupos, distribuíndose en quendas de mañá/tarde.

Os obradoiros da quenda de tarde comezaron este mércores 28 de xaneiro. As mulleres participantes beneficiaranse ademais dun seguimento e itinerario personalizado para o acceso ao mercado laboral, así como doutras actividades que se realicen de forma paralela ao programa. Dentro destas actividades paralelas, atópase a organización de clases de reforzo para a preparación do exame de Competencias clave da Consellería de Traballo, e que se están a realizar os luns en horario de tarde.

Por medio do Programa Clara, preténdese dinamizar ás mulleres do concello, dándolles ferramentas que lles sexan útiles tanto a nivel persoal como a nivel laboral, así como explorar os distintos ocos de emprego do concello e da comarca.

Tags: