Renovacion e novas matriculas PAI Curso 2015/2016.

Este ano o prazo para a renovación de matriculas no PAI de Boimorto (Punto de Atención á Infancia municipal) permanecerá aberto ata o 30 de xuño, este tramite é o que deben realizar os nenos/as que acudindo neste curso 2014/15 queiran facelo tamen para o vindeiro. No caso de rapaces/zas de novo ingreso teñen de prazo ata o ultimo día hábil de agosto.

É importante destacar que un dos baremos a ter en conta á hora de adxudicar as prazas vai a ser o do rexistro de entrada da solicitude, polo que os que antes se rexistren teran preferencia de entrada.

Estes trámites poden realizalos nas oficinas do Concello de Boimorto e para todas aquelas persoas que non coñecen o servizo imos organizar en vindeiras datas unha xornada de portas abertas para achegar este servizo ós pais/nais e aos cativos/as da que daremos a data nuns días.