COMIDA NO CENTRO DE MAIORES

Wednesday, 9 July, 2014 - 00:00 to 23:59

No centro de maiores o mércores 9 de xullo celebraremos a comida de fin de temporada. Para poder vir só hai que anotarse no centro antes do venres día 4. O prezo da comida é de 15€.
Tamén recordamos que o centro estará aberto ata o xoves 24 de xullo. A partir dese día o centro cerrará e deixará de prestarse o servizo de bus ata o mes de setembro.

Festa da Auga

Sunday, 20 July, 2014 - 00:00 to 23:59

Levaranse a cabo xogos, ximkana e probas con auga na piscina municipal de Boimorto.

Torneo Intercomarcal de Bádminton.

Saturday, 26 April, 2014 - 00:00 to 23:59

   TORNEO INTERCOMARCAL DE BÁDMINTON
O Sábado 26 de abril o Concello de Boimorto albergará, no polideportivo municipal, a fase intercomarcal de badminton, que da acceso á clasificación para a fase provincial. Neste, os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais do noso Concello, así como dos demais equipos que conforman a liga escolar, disfrutarán dunha divertida xornada deportiva, intentando acadar bos resultados para a participación na seguinte fase.

Excursión: "Ruta do Mexillón"

Saturday, 10 May, 2014 - 00:00 to 23:59

Excursión á Ruta do Mexillón
O Sábado 10 de maio iremos de excursión ás Rías Baixas. Sairemos de Boimorto ás 9:00 da mañá. Ás 12 horas faremos un cruceiro pola Ría de Arousa con panorámicas submarinas a través do fondo do cristal do catamarán. Inclúe, ademais, unha parada nun parque de cultivo, nunha batea, e unha degustación a bordo de mexillóns ó vapor, camarón e viño, auga ou refrescos. O percorrido será guiado.

Pages

Subscribe to RSS -