Certame de Cantares de Reis de Boimorto

 O de 3 de xaneiro ÁS 16:30 celebrouse, un ano máis, o XI Certame de Cantares de Reis de Boimorto. O Certame é unha mostra de cantares tradicionais de reis, onde o bo facer de cada unha das cuadrillas, a harmonía e o empeño común de manter viva a nosa tradición é o mellor premio. Participaron 19 xugadas procedentes de todo o país galego que fixeron as delicias dos amantes do noso canto tradicional. Tamén contamos coa presenza dos cómicos “ Quinquilláns” que fixeron rir ó numeroso público que se deu cita ese día no polideportivo do Concello.

Ademais este ano fíxose un recoñecemento público a José Sánchez Peón pola súa participación e implicación durante estes anos.

Xulio Xiz encagouse de novo de presentar e dirixir todo o evento.

Acceso ao album.