8. Os ciclos festivos

8.  Os ciclos festivos

Só teñen presenza, nesta recolla do Cancioneiro popular de Boimorto, o Nadal e o Entroido. Aparecen documentadas tres melodías do canto da madama, propio do mes de maio, que pasaron a denominarse os reis das mozas que son exemplo de incorporación de melodías alleas ó cancioneiro galego.

O luns de Pascua recorríanse as leiras de trigo e centeo, nas que se colocaba unha cruz de oliveira e se dicía ritualmente: ”auga bendita pras leiras e o demo pras silveiras”.

Os cantos de Nadal recollidos son varias melodías de “As noitiñas de Nadal”, os cantos de despedida e entrada de ano, os enmanueles e diferentes cantos de Reis. O vello cantar de reis, común a todo o concello, é “San Xosé e máis María”, interpretado con diferentes melodías vellas. Tamén o é “Ai, divina estrela”. Pero hai outras narracións con melodías concretas para as diferentes parroquias que foron importadas do cancioneiro de Castela con música e letra coma “Os reis da madama” ou “De esas partes del Oriente” que se exclúen deste cancioneiro. Incluímos nesta edición, non obstante, os reis de Dormeá, con letra de clara procedencia eclesiástica, que se interpreta en castelán e tamén en galego, e cunha importante melodía que non aparece noutros cancioneiros.

O esquema de interpretación sempre é o mesmo: Solicítase a licenza para cantar, narración central, estrofas de despedida e solicitude de aguinaldo. Dous coros interpretan alternativamente as estrofas da narración, acompañados da gaita cunha interpretación ad libitum. Nos interludios de gaita , entre estrofas, interprétase unha melodía de xota que se acompaña con percusión.

Descarga das partituras en formato PDF e reproducción  en formato MIDI

 

Título

Descarga PDF

Reprodución MIDI

1

Cacaracá, ponte na pa

2

Homes e mulleres

3

O Entroido deste ano

4

Foi casado trinta veces

5

Ai, adeus, martes de Entroido

6

Aí vai, caramba, ai vai

7

Martes de Entroido

8

Arre cabaliño

9

De lonxe chegamos

10

As noitiñas de Nadal

11

As noitiñas de Nadal (2)

12

As noitiñas de Nadal (3)

13

Ano vello con ben varias

14

Manuel, Manueliño

15

San Xosé e mais María

16

San Xosé e mais María (2)

17

Ai, divina estrela

18

Adeus, Xosé bendito

19

Quédense con Deus, señores

20

Moitos anos viva

21

Cantámosche os reises

22

Interludio de gaita