Para todas as idades. Os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta, ou ben, os pais asinar unha autorización onde se poña de manifesto que o Concello non se responsabiliza en ningún momento dos rapaces. Ademais insistimos na hora de saída e de regreso, non se esperará por ninguén. Máximo de 25 prazas, no caso de haber lista de espera na seguinte saída terán preferencia.
As saídas realizaranse os sábados e darán comezo no mes de novembro.