Campamento Urbán: “Boimorto Olímpico” (4 a 12 anos)

De Lunes, 3 Julio, 2017 - 10:00 hasta Sábado, 22 Julio, 2017 - 12:59

Lugar evento: 

Área da Piscina Municipal de Boimorto e Polideportivo.

Campamento Urbán: “Boimorto Olímpico”(4 a 12 anos)

Un programa de actividades variadas que combina propostas lúdicas, deportivas, culturais e educativas relacionadas por un nexo común como son as olimpíadas. Todas as actividades que se realizan en exterior teñen unha alternativa por se o tempo non acompaña. Este proxecto está destinado a rapaces e rapazas de 4 (que cumpran este ano) a 12 anos. O programa desenvolverase nas 3 primeiras semanas de xullo, de luns a venres laborais cun horario de tres horas diarias das 10:00 ás 13:00 horas. As actividades levaranse a cabo na Área da Piscina Municipal de Boimorto e no núcleo urbán de Boimorto

Emprazamentos, horarios e demais datos

Duración:do 3 ó 21 de Xullo.

Prezo:gratuíto.

Requisito:Estar en posesión do carné de actividades municipais.

Inscrición:ata o 29 de xuño.

Límite de participantes:o número máximo é de 35 a cubrirse por regurosa orde de solicitude, tendo preferencia sempre os empadroados no concello, e o mínimo é de 20.

Transporte:os participantes empadroados no concello poderán facer uso do bus do concello que ven ó centro de maiores (casos xustificados).

Servizo de madrugadores:aqueles casos debidamente xustificados, para conciliación da vida laboral e familiar, poderán deixar os nen@s entre as 8:30 e as 10:00 e buscalos entre as 13:00 e as 14:30 no Centro Social de Maiores (terá que haber un mínimo de 10 que o soliciten).

 

Horario Tipo: Hora

Actividade

10:00

Chegada e xogos rompexeos

10:30

Obradoiro ou actividade relacionada

11:30

Aseo e merenda

12:00

Roteiro/Xogos/Inglés lúdico/piscina

13:00

Fin da xornada

 

Recoméndase que os nenos e nenas veñan ben preparados para realizar as actividades, polo que se aconsella que traian:

·        Unha gorra.

·        Crema para o sol.

·        Unha mochila con toalla, un bañador,  un gorro e chanclas para os días de piscina. Así como manguitos ou flotador, se o precisa. Os días de piscina serán indicados con antelación.

·        Roupa e calzado axeitado e cómodo para o desenvolvemento das actividades. Principalmente,  aqueles días no que saiamos de rota. Os días de rota indicaranse con antelación

·        Unha pequena merenda para tomar a media mañá: froita, galletas, bocadillo…

·        Unha botella de auga.

·        Panos de papel.

E todo aquilo que se considere preciso.