Piscina Municipal

Viernes, 23 Junio, 2017 - 12:00 to Lunes, 11 Septiembre, 2017 - 19:59

Lugar evento: 

Piscina Municipal de Boimorto

Aberta do 23 de xuño ó 10 de setembro.

Durante os meses de Xullo e Agosto realizaranse diversas actividades que se relacionan máis abaixo. Para inscribirse poderán facelo na propia piscina falando cos Socorristas. As actividades comezarán o luns 3 de xullo.

Os horarios son orientativos, poderán sufrir modificacións para adaptar mellor os grupos en función dos inscritos.

Aprende a nadar 1:

Destinado a nenos/as que non saben nadar.

Horario: 12:00 - 12:45h de luns a xoves.

Prezo:8€uros por mes + acceso á piscina con carné actividades municipais, de non contar con carné deberá aboar 0,50€/diario para uso da piscina.

Aprende a nadar 2:

Destinado a nenos/as que xa saben aguantarse sen material auxiliar (manguitos, churros…).

Horario: 12:45 - 13:30h de luns a xoves.

Prezo: 8€uros por mes + acceso á piscina con carné actividades municipais, de non contar con carné deberá aboar 0,50€/diario para uso da piscina.

Escola de Natación Adultos:

Dirixido para persoas a partir de 18 anos.

Horario: 13:30 - 14:15 de luns a xoves.

Prezo:15€uros por mes + acceso á piscina con carné actividades municipais, de non contar con carné deberá aboar 1€/diario para uso da piscina.

Aquagym:

Dirixido a persoas a partir de 16 anos. É unha actividade que consiste en exercicios físicos a piscina orientados a favorecer a corrección postural, circulación sanguínea, relaxación e mellorar a condición física xeral. Recomendable para calquera persoa xa que é unha modalidade divertida e sinxela de facer deporte, diminuíndo o impacto nas articulacións.

Horario:luns e mércores de 14:45 - 15:30.

Prezo:gratuíto+ acceso á piscina con carné actividades municipais, de non contar con carné deberá aboar 1€/diario para uso da piscina.