Documento:
Descrición:
O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca para este 2011 subvencións para o arranxo de vivendas sitas nas parroquias polas que pasa o Camiño de Santiago (Ánxeles, Boimil, Boimorto e Sendelle). O prazo para solicitar rematará o 1 de decembro do presente ano.
Esta subvención é compatible coas de remate e/ou reconstrución que se viña tramitando ata o de agora.
Para máis información diríxanse ao Concello onde lles darán información sobre ámbalas dúas subvencións.
Tipo de documento: