Actualidade

Outono Cultural na Casa da Cultura.

- Contacontos para adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.
- Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.
 

Horario cursos outono

Curso iniciación a informática Centro de Maiores: Todos os luns de 10:00 a 12:00 horas.
Curso iniciación a informática e Internet Adultos: Todos os venres na Aula de Informática de 21:30 a 23:00 horas. Comeza o 7 de outubro.
Curso Risoterapia: Os martes de 21:00 a 22:30 h. no Centro de Maiores. Comeza o 4 de outubro.
Curso Pintura - Nenos: Todos os sábados de 16:00 a 17:30 h. na biblioteca. Comeza o 8 de outubro.
Curso Pintura - Adultos: Os sábados de 18:00 a 20:00 na Biblioteca. Comeza o 8 de outubro.

Curso de Galego para a preparación das probas do Celga

Este será un curso preparatorio para todas aquelas persoas interesadas en presentarse na próxima convocatoria de exames do Celga organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O curso será realizado pola Técnica de Normalización Lingüística do Concello con experiencia en este tipo de cursos. Traballaremos a gramática nun primeiro lugar e despois realizaremos textos como os que se fan nas probas.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade