O concello de Boimorto empeza con éxito as actividades do Centro Social de Maiores ó que acoden máis de 50 persoas a diario.
O taller de memoria é un dos máis solicitados con máis de 25 participantes cada semana. Neste taller reforzamos aspectos como a concentración e a memoria con actividades adecuadas ó usuario. Lembramos que este taller é gratuíto e realizase todos os mércores no centro social a partir das 12 horas.