A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. As datas da realización das probas serían as seguintes:
-
Celga 1 o 13 de novembro do 2016
-
Celga 2 o 6 de novembro do 2016
-
Celga 3 o 12 de novembro do 2016
-
Celga 4 o 5 de novembro do 2016.
As probas realizaranse todas en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As solicitudes deberán presentarse antes do 19 de setembro deste ano, axuntando copia compulsada do DNI, xustificante de pagamento da taxa correspondente ó dereito do exame e, de ser o caso, certificado que acredite o grao de discapacidade. O importe das taxas para inscribirse nestas probas é de 15,61 €.
Para máis información ou para inscribirse nestas probas poñerse en contacto coa Técnica de Normalización Lingüística do concello.
Categoría: