Cortes carretera.

Por mor da celebración da Carreira Pedestre que terá lugar en Boimorto este sábado 27 de setembro, a partires das 17:00 h. da tarde, imos a ter cortes de trafico na rua principal de Boimorto (dende o Colexio ata a Casa do Concello) e na CP-1004 Boimorto-Lanzá ata a altura das casas do lugar da Granxa.

Estes cortes seran intermitentes e duraran dende as 5 ata as 8 da tarde, polo que durante este tempo rogamos fagan uso de viais alternativos, a fin de evitar problemas de tráfico.

Rogamos desculpen as molestias que esta situación lles poida causar tanto a veciños como a visitantes.

Mais info sobre a Carreira Pedestre neste enlace.

Categoría: