O vindeiro 3 e 4 de decembro coincidindo coa fin de semana da Feira Mensual a Asociación Remar en colaboración co Concello de Boimorto organiza un Rastro de Mobles de 2ª Man no Polideportivo Municipal.
O recinto estará aberto durante toda a fin de semana en horario de 10 a 21. A entrada ao recinto é de balde e poderase mercar toda clase de mobles de 2ª Man e restaurados.
A mostra ocupara o recinto compelto do polideportivo e conforma unha oportunidade unica de mercar mobles a moi bo prezo.