Festival de la Luz

Traballo no Festival de la Luz 2013 - Reunión o 16 de maio

Convócase a todas as persoas maiores de 16 anos e veciñas de Boimorto a reunión informativa que terá lugar o vindeiro xoves día 16 de maio ás 8 da tarde na Casa da Cultura, para todos aqueles que queiran traballar como voluntarios (pagaranse dietas) no Festival de la Luz 2013 que se celebrará os día 13, 14 e 15 de setembro.

Devolución entradas Festival de la Luz

Para solicitar a devolucición das entradas por carta. Requirese que a carta sexa certificada e se é posible que conteña o acuso de recibo. As instrucións para a devolución das entradas do domingo do Festival da Luz estan dispoñibles tamen na web do Festival.Instrucións devolucion entradas.

Devolución diñeiro Parking Festival de la Luz

Debido as condicións meteorolóxicas adversas que sufrimos o Domingo 23 de setembro tivose que cancelar a segunda xornada do Festival de la Luz - Cosecha 2012 polo que o Concello devolverá o diñeiro cobrado por adiantado para estancia no parking durante as duas xornadas.Os interesados poderan reclamar os 2€ na Casa do Concello no prazo máximo de 1 mes, para iso deberán presentar o correspondente ticket. Bando de Alcaldia.

Bando informativo sobre as Normas da Zona de Acampada e Aparcadoiro.

O Bando informativo con toda normativa referente á Zona de Acampada e Aparcadoiro seguindo este enlace.

Páxinas

Subscribe to RSS - Festival de la Luz