A cultura é un conxunto de manifestacións nas que se expresa a vida tradicional dun pobo. Inclúe bens materiais, bens simbólicos (ideas), institucións (escola, familia, concello…), costumes, hábitos e leis. Por iso, pódese dicir que toda a sociedade ten cultura, e toda cultura é posta en práctica polas persoas que se interrelacionan.
A cultura non é algo que se ten, senón que é unha producción colectiva, e esa produción é un universo de significado que é transmitido a través das xeneracións.
O Departamento de Cultura traballa para a Promoción e Difusión da Cultura, buscando dinamizar de forma lúdica e divertida o tempo libre promovendo a participación social, potenciando a convivencia e buscando a interrelación entre veciños.
Priman neste departamento os principios de cooperación e colaboración, buscando a promoción, creación e realización de actividades, traballando para poñer en valor a cultura no noso municipio.
A dinamización cultural do municipio lévase a cabo a través da planificación e execución dos programas de actividades culturais, que inclúen, entre outras, as actividades extraescolares ofertadas polo Concello, planificación e organización conxunta con outros departamentos do Concello de festas como o CERTAME DE CANTARES DE REIS, Cabalgata de Reis, ENTROIDO; actividades para colectivos de todas as idades, actividades específicas de ámbitos en auxe (informática...), actividades de verán (campamentos, contacontos, festa do neno…); actividades relacionadas co día das Letras Galegas, convocatoria de premios (Concurso de Minirrelatos en Galego, Concurso de postais de Nadal), Ciclos de Maxia, Outono Cultural; xestión da programación cultural ofertada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia (teatro, música, maxia, contacontos...).
Novas
- 1 de 12
- seguinte ›
Eventos
- 1 de 12
- seguinte ›