A Miniresidencia e Centro de Día Municipal de Boimorto representa a maior inversión que se fixo no Concello en materia de Benestar Social.
O benestar dos nosos veciños, e en especial dos nosos maiores, é unha das meirandes preocupacións desta administración.
O Centro que nestas páxinas lles presentamos pretendemos que sexa un referente na Atención Social aos nosos maiores e que se convirta nunha "fonte" de emprego de calidade.
Invitámolos a ver as nosas instalacións e ver de primeira man como facemos as cousas e o benestar dos usuarios.