Centro Social Municipal de Maiores

O Centro Social de Maiores do concello de Boimorto abrirá de novo o luns 1 de setembro. O servizo de autobús continuará, como de costume, pasando polas parroquias. As actividades comezarán a darse a partir do mes de outubro.
O luns, día 8 estará cerrado por ser festivo local e o luns 15 tamén estará cerrado por cuestións organizativas.
Esperamos a vosa asistencia e lembrarvos que o xoves 4 contaremos, de novo , coa feira.