RESULTADOS 1ª XORNADA INTERMUNICIPAL DE BÁDMINTON

A xornada celebrouse o día 17 de xaneiro no pavillón de Trazo. O concello de Boimorto estivo representado nas categorías benxamín masculino (Ismael Regueiro), benxamín feminino (Noa Chorén e Mara Costoya) e alevín feminino (Sabela Lois, Silvia García e Lúa Costoya). A competición consiste en partidos entre todos os participantes da categoría, establecéndose a clasificación en función do número de partidos gañados.

·        Ismael Regueiro finalizou primeiro con 6 puntos (4 partidos gañados e 1 perdido).

·        Noa Chorén segunda con 7 puntos (6 partidos gañados e 1 perdido).

·        Mara Costoya cuarta con 5 puntos (5 partidos gañados e 2 perdidos).

·        Sabela Lois primeira con 9 puntos (7 partidos gañados e 1 perdido).

·        Silvia García terceira con 7 puntos (7 partidos gañados e 1 perdido).

·        Lúa Costoya sexta con 4 puntos (3 partidos gañados e 5 perdidos).

Aproveitamos a ocasión para felicitar ós participantes e informar que haberá 3 xornadas, celebrándose a segunda o día 7 de febreiro no pavillón de O Pino e a terceira o día 28 en Boimorto. Ao peche destas tres xornadas os que obteñan máis puntuación pasarán á xornada final.