O ESTRANO VELORIO - Grupo Nenas Grandes

Friday, 8 March, 2013 - 00:00 to 23:59

Lugar evento: 

Casa da Cultura - Ás 9 da noite.

O grupo de teatro integrado por veciños do Concello de Arzúa virán representar unha obra cómica na Casa da Cultura:
A Aula de Teatro Municipal “ÁNXEL CASAL” de Arzúa, presenta:
Titulo: O ESTRANO VELORIO
Interpreta: Grupo Nenas Grandes
Sinopse: Un enfermo dispoñendo os detalles do seu enterro. Unha muller máis preocupada polos cartos que pola inminente morte do seu home. Unha irmá imaxinando o “que dirán” dos veciños. E unhas veciñas con moito, moito que dicir... Envexas, egoísmo, ambición... Este “estraño velorio” enfróntanos ás miserias do ser humano nunha clave de humor que fai ao público desfacerse en gargalladas.