Probas COVID-19 - Residencias

Informamos que o sábado 18 de abril foron realizadas as probas do COVID-19 a traballadores e residentes nas 2 Residencias para persoas maiores do noso Concello (na Residencia Municipal de maiores do concello e na Residencia A Magdalena de Andabao). O domingo, pola tarde, comunicáronnos que os resultados forón todos negativos, algo que nos alegra moito, e que nos motiva para seguir traballando e mantendo as medias de prevención adoptadas dende o inicio da emerxencia sanitaria. Porque non é o momento de relaxarse, é o momento de seguir loitando todos xuntos e extremar as precaucións para seguir con CERO positivos nos centros.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todas esas persoas que dunha maneira ou outra aportaron e aportan o seu traballo dun xeito totalmente desinteresado, para que poidamos darlles o material de prevención necesario (caretas, gorros, batas, mascaras,…) e aos nosos/as tratalladores/as agradecerlles o gran esforzo que están facendo nesta situación excepcional.

Tags: 

Category: