Deporte

A Cunca D'Ouro

Sábado, 9 Julio, 2016 - De 00:00 hasta 23:59

Roteiro didáctico que combina a etnografía do río (muíños, represas, usos do chan…) coa arqueoloxía (necrópolis neolíticas da idade de bronce), rematando no lugar do achádego do Casco de Leiro. Distancia: 13 kms. Dificultade: media.

Data: sábado 9 de xullo.

Fin inscrición: mércores 6 de xullo.

Actividades Deportivas

   *Piscina: Aberta ata o 11 de setembro en horario 12:00h a 20:00h. Durante os meses de Xullo e Agosto realizaranse diversas actividades que se relacionan máis abaixo. Para inscribirse poderán facelo na propia piscina falando cos Socorristas. As actividades comezarán o luns 4 de xullo.

-     Aprende a nadar 1: Destinado a nenos/as que non saben nadar. Horario: 12:00 - 12:45h Luns a Xoves. Prezo: 8€uros por mes

Apertura da Piscina Municipal

Lunes, 20 Junio, 2016 - De 00:00 hasta 23:59

A piscina municipal de Boimorto prevé abrir as súas portas o vindeiro 20 de xuño.

Recordamos que este servizo é gratuíto para as persoas que teñan o carné de actividades/ximnasio mentres que para o resto terá un custo de 0,50€ os menores de idade e 1,00 para os maiores.

Novas de deportes

   * Resultados Campionato Provincial Bádminton: En categoría Benxamín feminino, Noa Chorén acadou o segundo posto e Mara Costoya o oitavo. En categoría Alevín feminino, Silvia García finalizou 5ª e Sabela Lois 8ª; en masculino Iñáki Gayoso acadou o posto 13º. En Infantil feminino, Xoana Ares e Marta Peteiro acadaron os postos 7º e 8º respectivamente. En categoría Cadete masculino, Sergio Cajide rematou nun 5º posto. Dende aquí queremos felicitalos a todos polos resultados e transmitirlles os nosos parabéns. ¡Noraboa Campións!.

Tags: 

Páginas

Suscribirse a RSS - Deporte