Actualidad

VII Certame de Cantares de Reis

O concello de Boimorto un ano máis vai levar adiante este Certame que ten como primeiro obxectivo o de conservar e promover a nosa tradición popular.
O Certame vaise celebrar o domingo 2 de xaneiro no pavillón municipal ás 16:30. Contaremos con novas cuadrillas, ademais das de sempre, e destacamos a presenza dun grupo de Portugal. Durante o Certame poderemos ver un desfile de traxes tradicionais galegos, incluíndo o de Boimorto.
Haberá expositores de artesanía variada e churros con chocolate á venda.
Esperámosvos a todos/as ese día.
As fotos do evento:

Horario de atención ao publico da Axente de Desenvolvemento Local

Horario de Atención ao Publico:
De Luns a Venres en horario de 12:00h. a 14:30h.

Aclaración sobre a Construcción dun Albergue de Pregrinos

Informase ós veciños de Boimorto que a Xunta de Goberno Local na sesión do 28 de maio de 2009 concedeu licenza urbanística (núm. 21/2009) para a construción dun Albergue de peregrinos á Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo. As obras de dito albergue aínda non comezaron a día de hoxe sen que dependa deste Concello dita situación.

Páginas

Suscribirse a Actualidad