Cacharelas de San Xoan 2023

Normas de obrigado cumprimento para as cacharelas de San Xoan 2023

  • As fogueiras non poderán ter unha altura superior de tres metros e seis de base, se a fogueira está na franxa de 400 metros do monte a altura máxima será de metro e medio e a base de tres metros.

  • As fogueiras deberán colocarse nun lugar apartado da leña apilada, das liñas do tendido eléctrico, do teléfono ou de calquera almacenamento de produtos inflamables.

  • Queda prohibido botar no lume plásticos e outros produtos que xeren fume tóxico, así como recipientes que conteñan produtos inflamables e envases presurizados.

  • O/s responsable/s da fogueira terán cerca da mesma unha mangueira ou auga almacenada.

  • Está prohibido facer fogueiras en vías públicas.

  • O/s responsable/s non poderán abandonar o lugar da fogueira ata que estea totalmente extinguida apagándoa con auga.

  • Debese presentar a solicitude de autorización no Concello antes do dia 22/06/2023. Tamén se poden presentar con sinatura electrónica a través de sede.boimorto.es

   En caso de emerxencia: CHAMAR AO 112

Modelo para comunicar a cacharela

Categoría: