O Concello de Boimorto, xunto co que Vilasantar, Sobrado e Curtis, van realizar o proxecto do obradoiro de emprego “Terras da Montaña I”.
As especialidades que se van impartir son:
- Instalación de Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes (10 alumnos)
- Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes (10 alumnos).
Todas as persoas interesadas en participar no obradoiro deberán inscribirse na Oficina de Emprego de Melide.