Actualidade

Cea-Baile de Nadal

O venres 16 de decembro, gran cea-baile de Nadal para todos os veciños/as. Este ano no Concello pensamos en celebrar unha xuntanza popular para celebrar estas datas tan importantes para todos, haberá cea que estará amenizada por un dúo musical e sortearemos unha cesta de Nadal.
A data límite para apuntarse é o 12 de decembro na Casa do Concello ou chamando ao 981 51 60 20.
O Custe da cea será de 20 €/persoa.

Horario Ximnasia polas parroquias

Os horario da Ximnasia polas parroquias queda do seguinte xeito:
* Corneda: Luns e Mercores de 19:00 a 19:55
* Ánxeles: Luns e Mercores de 20:00 a 20:55
* Boimorto: Luns e Mercores de 21:00 a 22:00
* Arceo: Martes e Xoves de 18:45 a 19:45
* Rodieiros: Martes e Xoves de 20:00 a 21:00.

Horario Escolas Deportivas

As escolas deportivas seguirán o seguinte horario:
* Fútbol Sala: categorías benxamín e alvevín adestran os luns de 15:45 a 17:15 e xoves de 15:45 a 17:00. Os infantís e categoría feminina adestran os martes de 17:00 a 18:30 e xoves de 17:00 a 18:00.
* Patinaxe: os martes de 15:45 a 16:45.
* Bádminton: os venres de 15:45 a 17:00.
* Tiro con arco os venres de 19:00 a 21:00 e adestramento individual, para os que teñen o seu arco, os mércores de 18:00 a 20:00.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade