Historia
Tralo descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago na actual Compostela a principios do século IX, Santiago de Compostela transfórmase en destino de peregrinación. O Camiño Norte é o Camiño máis antigo. A súa orixe remontase ó descubrimento mesmo do sepulcro do Apóstolo, cando Alfonso II o Casto peregrina dende Oviedo, capital do xoven Reino Astur, a contemplar a recen descuberta tumba. O novo Camiño, ademais de ruta de peregrinación, convértese en torrente de cultura, arte, comercio e repoboadores, que chegan de toda Europa. Os nomes de Camiño Primitivo e Camiño da Costa, actualmente están englobados ambos coa denominación xenérica de Camiño do Norte,
Facer o Camiño do Norte é facer un dos máis belos, atractivos e emocionantes Camiños de Santiago. Na súa maior parte discorre entre as montañas e o mar Cantábrico. As vistas, que frecuentemente se perden nas augas do mar, no intenso verdor dos prados e árbores adornadas cun sinfín de casaríos; as pequenas aldeas, os pobos e vilas, cidades, a gastronomía e finalmente a hospitalidade das súas xentes fan que este Camiño sexa especial para cada peregrino que o realiza.
Etapa Boimorto
Non é esta a última etapa do Camiño, pero si é o último Concello polo que transcorre o Camiño Norte, xa a continuación, entramos no Concello de Arzúa ou no Concello do Pino (variante pola Mota) nos que xa se segue polo Camiño Francés.
O perfil da etapa do Camiño que transcorre por Boimorto é máis ben en descenso, aínda que deberemos salvar algún que outro repeito.
Consellos- Recomendacións
Cando realizar o camiño?
- A priori os mellores meses para facer o camiño de Santiago son os meses de verán, menos posibilidade de choiva, mais oferta hostaleira,... Sen embargo a gran afluencia de xente nos meses de verán conleva que haxa varios inconvintes:
- A maioría dos albergues estarán saturados, isto conleva que aparezan as presas por chegar canto antes para coller sitio co moita xente perdese moitas cousas do Camiño: paisaxes, monumentos, o trato co xente,...
- Os albergues estarán en pero estado debido ao uso masivo.
- Locais ateigados de xente.
Polo tanto a recomendación dende esta paxina seria facer o camiño nos meses de abril-maio e setembro-outubro, nestas épocas temos maior risco de que se nos augue a viaxe pero gañarémolo en mellores servizos e menos “estres”.
Antes de afrontar o Camiño:
- Programar antes de comezar a andar as distancias e etapas que se van a realizar, debese ter en conta que se recomenda facer unha media diaria a pé entre 20/35 km e en bicicleta de entre 60/100. No caso de escoller albergues privados reservar praza para evitar levar sustos á hora de chegar aos sitios.
- Na preparación das etapas debese deixar unha marxe de 1/2 días a maiores para descansar no caso de que as forzas se esgoten.
- Recoller todos os teléfonos precisos nunha folliña ou libreta pequena, non é recomendable cargar cunha guía do camiño que será un sobrepeso para as nosas costas senón que podemos fotocopiar as partes que precisemos.
- Outra medida moi importante é facer algo de exercicio preparatorio dende uns 15 – 30 días antes de empezar a viaxe, sobretodo de pernas que son o medio que nos vai levar a Santiago. Nas ultimas datas deberíase facer a preparación cunha mochila e o peso aproximado que se vai a cargar durante o Camiño.
Preparación da mochila:
Este é un tema vital para poder afrontar con garantías a viaxe a Compostela. En xeral deberíase:
- Escoller unha boa mochila, debe ter reforzos e contar cun bo apoio lumbar.
- O peso non debe superar o 10 % do peso do camiñante. Escoller o imprescindible para o camiño, cun par de mudas é suficiente xa que se poderá lavar nos albergues e refuxios do camiño. É moi importante levar varios pares de calcetins para poder mudalos no caso de molladuras, sudoración,...
- Situar as cousas mais pesadas no fondo da mesma.
- Enseres que se deberían de levar en todo caso:
- Bote e xabón liquido. Pódese utilizar o mesmo para o aseo e a roupa.
- Rolo de papel hixiénico.
- Chanclas para a ducha
- Botiquin de emerxencias: convén levar sólo necesario para primeros auxilios (alcohol, desinfectante, paracetamol, vendas, esparadrapo y tijera, hilo y aguja para las ampollas).
- Navalla suíza.
- Candado.
- Fotocopias de todos os documentos.
Coidado da saúde do peregrino:
O que máis debe coidar un peregrino son os pés, pois son as súas “ferramentas” para facer o Camiño. En xeral a recomendación básica é que se manteña unha boa hixiene e se deixen descansar os pés cada certo tempo.
Outro consello importante é que nunca se debe estrear calzado para facer o Camiño.