Centro de Maiores

O Centro Social Municipal de Maiores nace da necesidade que tiñan os nosos maiores dun lugar onde pasar tempo en comun. O Centro comezou a funcionar no ano 2005 e ten todas as mañás máis de 60 usuarios.O horario de apertura é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres durante todo o ano, agás no mes de agosto que permanece pechado.

Nestas instalacións contan cun ximnasio adaptado ás necesidades dos maiores, unha pequena aula de informatica e un salon recreativo onde xogar ás cartas, dominó, falar... Asemade no Centro Residencial (sito a uns 150m.) tamen teñen á súa disposición os servizos de Fisioterpaia e Podoloxía cun custe por sesión de 8,00€ e oservizo de comedor, onde o prezo do menú é de 4,50 € por persoa.

Outro servizo que consideramos vital para o funcionamento deste centro é o tranporte en autobús que vai dende as distintas aldeas ata o Centro de Maiores. Para isto habilitaronse duas liñas nas que se recolle aos usuarios pola mañá e os volve deixar nas suas vivendas á beira do mediodía. O horario das liñas queda reflexada na seguinte táboa:

Liña 1 Liña 2
09:00 Rodieiros 10:00 Cheda
09:10 Corneda 10:02 Freixido
09:20 Dormeá 10:03 Iglesia(Cardeiro)
09:25 Ánxeles 10:08 Buazo(Souto)
09:28 Corredoiras 10:10 Buazo(Sobreira)
09:30 Boimil 10:14 Brates(Tabernas)
09:33 Arentía 10:18 Brates(Cabrita)
09:35 Arosa 10:22 Sendelle(Marco)
09:38 Arceo 10:25 Sendelle(Igrexa)
09:41 Piñeiro 10:27 Franzomil
09:45 Centro Municipal de maiores 10:30 Centro Municipal de maiores
13:00

Saída do Centro facendo o camiño á inversa

14:00

Saída do Centro facendo o camiño á inversa

Asi que xa sabes, se tes máis de 65 anos ou es pensionista da seguridade social o Centro de Maiores ofreceche unha alternativa de ocio para as mañás.

Programa de Actividades 2014-15:

HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

11:00 – 12:00

Ximnasia

Manualidades

Ximansia

Charlas + Feira

Ximansia

12:00 – 12:15

Café

café

café

café

café

12:15 – 13:00

Escola

 

Memoria

 

Bingo