Actualidade

Subvención para rehabilitación de vivendas.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo ven de facer publico a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas nas parroquias polas que transcorre o Camiño de Santiago, no noso caso Ánxeles, Boimil, Boimorto e Sendelle.
Esta subvención unese ás xa convocadas para todo o ámbito da comunidade galega e que se viñan tramitando dende o Concello.
Mais información e solicitudes na Casa do Concello.

Escolas Deportivas Municipais e Ximnasia de Mantemento

O luns 19 de setembro ábrese o prazo para inscribirse nas escolas deportivas municipais e tamén para a ximnasia de mantemento nas parroquias. Terá que haber un mínimo de 8 inscritos para que haxa grupo de ximnasia na parroquia. O prazo de inscrición remata o xoves 29 de setembro. Para inscribirse chamar por teléfono ó 981 51 60 20 ou ben pasar polas oficinas da Casa do Concello.

Clinic de futbol Sala e Amistoso

Actividades organizadas en colaboración co clube AutosLobelle F.S. para o xoves 1 de setembro de 2011:
Clínic de Fútbol Sala para rapaces de 7 a 14 anos: Ás 17:30 horas un clínic (adestramento teórico-práctico) dirixido por un adestrador do AutosLobelle e dous xogadores do equipo de división de honor (un deles Quintela). O número máximo de rapaces que poderán participar é de 30. Os interesados deberán inscribirse chamando por teléfono ó 981 51 60 20 ou pasando directamente polas oficinas da Casa do Concello. É totalmente de balde.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade