Cultura

Feira Mensual + Rastro Mobles 2ª Man

Sábado, 3 Decembro, 2011 - 00:00 a Domingo, 4 Decembro, 2011 - 23:59

O vindeiro 3 e 4 de decembro coincidindo coa fin de semana da Feira Mensual a Asociación Remar en colaboración co Concello de Boimorto organiza un Rastro de Mobles de 2ª Man no Polideportivo Municipal.
O recinto estará aberto durante toda a fin de semana en horario de 10 a 21. A entrada ao recinto é de balde e poderase mercar toda clase de mobles de 2ª Man e restaurados.
A mostra ocupara o recinto compelto do polideportivo e conforma unha oportunidade unica de mercar mobles a moi bo prezo.

Cea-Baile de Nadal

Venres, 16 Decembro, 2011 - 00:00 a 23:59

O venres 16 de decembro, gran cea-baile de Nadal para todos os veciños/as. Este ano no Concello pensamos en celebrar unha xuntanza popular para celebrar estas datas tan importantes para todos, haberá cea que estará amenizada por un dúo musical e sortearemos unha cesta de Nadal.
A data límite para apuntarse é o 12 de decembro na Casa do Concello ou chamando ao 981 51 60 20.
O Custe da cea será de 20 €/persoa.

Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa”

Xoves, 22 Setembro, 2011 - 00:00 a 23:59

Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.

Contacontos de adultos: Santi Prego

Sábado, 8 Outubro, 2011 - 00:00 a 23:59

Contacontos de adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura