1. O Cancioneiro Infantil

1. O Cancioneiro Infantil

O cancioneiro de tradición oral  infantil de Boimorto está formado por un grupo de cancións que agrupamos  en tres apartados: recitativos, cantos de berce e outras cancións.

Hai recitativos para adormentar, para botar as sortes, para dicir fórmulas máxicas, para realizar exercicios prosódicos, para dicir as partes do corpo, en definitiva, para saber dicir, para saber facer, para saber contar e tamén para saber cantar.  Cada rima ou recitativo foi creado cunha funcionalidade determinada de modo que forman un sistema organizado de actividades lúdicas creadas en función dunha educación integral que se desenvolvía no eido familiar.

Para complementar este capítulo, esbozado na primeira edición, recorremos á memoria das xeracións nadas antes de 1960 que, de forma colectiva, foi a última receptora, salvo casos excepcionais, destas  composicións rítmico literarias.

Coa aparición da educación infantil no sistema educativo tamén se introduce unha metodoloxía allea á cultura propia que creba a transmisión iniciática literaria, musical e de lecer da cultura patrimonial.

Os cantos de berce, coma os recitativos, son cantos contextualizados e interprétanse nun ambiente determinado coa finalidade de adormentar e, ao mesmo tempo, de transmitir, dunha maneira intuitiva, as claves dun mundo cultural propio.

Nunha aproximación  a estas composicións líricas sinxelas, decantadas pola memoria colectiva, podemos sinalar, como característica común,  a sutileza literaria portadora dunha enorme afectividade e dunha alta capacidade de suxestión.

Trala súa análise musical encontramos tres grupos diferenciados de recitativos, cantos de berce e outras cancións:

  • Estruturas rítmicas coas que se recitan diferentes creacións líricas sen melodía;
  • Modelos melódicos sinxelos que permiten diferentes variantes;
  • Melodías vellas  que adaptan o ritmo da melodía á funcionalidade de adormentar a criatura, formular diálogos, realizar xogos, contar contos mínimos, interrogar, formular interrogantes e mesmo volver o mundo ó revés.

Descarga das partituras en formato PDF e reproducción en formato MIDI

 

Título da melodía

Descarga PDF

Reprodución MIDI

1

Puño, puñete

2

Rei, rei, cantos anos durarei

3

Xoaniña, voa, voa

4

Denuciña, bonitiña

5

Bate meu leite

6

Arco da vella vaite de aí

7

Cuco de maio

8

Lagarto arnal

9

Unha pega rebordá

10

Gato miñato

11

Xan Perillán

12

Pepe, repepe

13

Chove, chove

14

Tantarantán

15

Teño uns zapatiños novos

16

Heiche de contar un conto

17

Eu teño un canciño

18

Vente soniño

19

E, neniño, e

20

Este neno tenche sono

21

O meu neno tenche sono

22

Durme, meu neno