2. Os alalás e cantos de labor

2. Os alalás e cantos de labor

Os xéneros do canto popular galego distínguense polo ritmo. Amais disto, para determinar definitivamente un xénero deberemos ter en conta o tempo, o contexto social, o ambiente e o espazo no que se canta e cómo se canta.

Os alalás eran interpretados a capela, de forma pausada, usando frecuentes melismas e con liberdade recreadora na súa realización definitiva.  Moitas veces, despois de interpretar a melodía do alalá, repetíanse os dous últimos versos da melodía, ou os catro, co “ailalelo, ailalelo, ailalelo ailalailo”.

Polas explicacións dos informantes calquera melodía vella se podía cantar coma un alalá. Antonio dos Curras dicía que só cantaba alalás cando estaba coas vacas porque podía recrear e ornamentar as melodías expresando todos os seus sentimentos. So aparecen dous alalás recolleitos e por iso se engaden a este cancioneiro o alalá de Andavao, documentado polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1929.

Os cantos de labor están asociados a un traballo concreto. Normalmente estas composicións líricas indican o tipo de traballo que se executa aínda que ás veces non aparece asociado de forma clara.

No concello de Boimorto só se recollen cantos de labor que se interpretan acompañados polo ritmo do traballo que se está realizando. Son cantos silábicos cun pulso básico coincidente cos movementos rítmicos do corpo e, en xeral, neste grupo, a temática da letra tamén está relacionada co traballo, xogo ou acción que se está realizando. Tamén se incluiría neste apartado a rima infantil “Bate meu leite na cántara nova” que se cantaba coa acción de bater o leite e transformando a acción laboral en xogo lúdico para os neno se nenas presentes.

Descarga das partituras en formato PDF e reproducción  en formato MIDI

 

Título

Descarga PDF

Reprodución MIDI

1

Asubíasme de lonxe

2

Aluméame luíña

3

Manuel, Manueliño

4

Manuel, Manueliño, (2)

5

Tascadora do meu liño

6

A vida do carreteiro

7

Sementei millo miúdo

8

Ai, tirulará, Pepiño

9

Sachadoras do meu millo

10

O ferreiro vai fóra

11

A muller do tío Mateu

12

Tirulará, Pepiño

13

Ai, Carmiña, Carme