4. As muiñeiras novas

4.  As muiñeiras novas.

A muiñeira nova é considerada como a danza máis representativa de Galicia pero tamén é un xénero de canto popular que aparece ligado a diferentes ámbitos e con diferentes temáticas.

A muiñeira nova é o único xénero onde non domina nin a métrica nin a cantidade de sílabas senón o acento.

A posible procedencia culta manifestada por diferentes musicólogos, está condicionada, a que nesta recolleita tamén documentamos unha muiñeira vella transformada en muiñeira nova. Ver nos cantos de pandeiro “Casei cunha tecelá”  e nas muiñeiras novas “Eu casei cunha tecelá”.

Na muiñeira nova hai coincidencia de acento e pulso e carece de importancia o número de sílabas dos versos da estrofa que oscila entre oito e doce . Este pulso básico, dividido en tres partes, pódese partir ritmicamente en grupos de negra mais corchea ou en tres corcheas resultando versos de catro pulsos básicos transcritos en pulsacións rítmicas de 6/8.

A muiñeira nova, ten un carácter máis instrumental  mentres que a pandeirada, denominada tamén muiñeira vella,  é un xénero normalmente destinado para ser cantado. 

Tamén se inclúe a pandeirada –muiñeira vella- “A subila e a baixala”, e a súa segunda versión, que reduce os catro versos musicais a dous, por estar asociada, na súa execución, con “Sete cuncas de papas de millo” que funciona como retrouso despois de cantar cada estrofa. 

Descarga das partituras en formato PDF e reproducción  en formato MIDI

 

Título

Descarga PDF

Reprodución MIDI

1

Unha vella tiña un can

2

Aló arriba naquel outeiro

3

A subila e a baixala

4

A subila e a baixala 2

5

Arrastráche-lo cu polas pallas

6

Eu casei cunha tecelá

7

Véndeme os bois e véndeme as vacas

8

Este é o tempo do troupele-troupele

9

Pola porta do tío Xan