6. As xotas novas e foliadas
A foliada é unha festa que pode ter diferentes contextos e lugares. A xente das aldeas reuníanse certos días para cantar, tocar e bailar. Por extensión, calquera das melodías cantadas nesta festa tamén era unha foliada.
Estas festas tamén se denominaban segundo a zona xeográfica o serán, a ruada, o fiadeiro, a tasca, etc. Non eran festas fixas no calendario. Na Brea, parroquia de Santa María dos Ánxeles, unha muller tiña autoridade para convocar ós veciños tocando unha melodía cun corno que hoxe está exposto no museo etnográfico de Melide.
Aínda que o aire preferido deste grupo de foliadas sexa a xota non se deben identificar con este xénero. Hai recolleitas foliadas que son de ritmo binario, 2/4. Este grupo de foliadas teñen todas elas un carácter coreográfico, cántanse nestes tempos de troula, incorpórase unha segunda voz con frecuencia e mesmo se acompañan coa gaita e outros instrumentos na súa interpretación festiva..
Descarga das partituras en formato PDF e reproducción en formato MIDI