7. As melodías fixas e cantos narrativos

7.  As melodías fixas e  cantos narrativos

Presentamos neste capítulo dous grupos de melodías diferenciadas:

a. As melodías que os informantes consideran fixas por ser cantadas só con estas composición literarias. Aínda que se poderían incluír neste apartado outros cantos, clasificados noutros xéneros musicais, presentamos só este grupo reducido de melodías : “Dáme lume Clara”,“Eu vou ve-la miña fraga”, xogo habitual nas tascas e fías, “Palmira, lará, Palmira”,“Rosiña anda descalza” e as utilizadas nos xogos de cartas para celebra-la mata do tres ou “facer unha zapateira”.

b. As melodías de cantos dialogados e cantos narrativos tamén é moi reducido por excluír incorporacións do cancioneiro hispánico  “En Sevilla un sevillano”, “Mes de maio” ou “Canto da madama”, denominado tamén reis das mozas ou retrato da madama.

Incluímos as historias de ámbito local, “Romance de Chelo” e “E o ano trinta e oito”, creadas por mozos, nos anos 30-40 para  protagonistas de acontecementos reais.  Tamén incluímos un grupo denarracións transmitidas polos cegos nas feiras para concluír coa melodía máis habitual para os “desafíos” e co canto estrófico “Escoiten, señores” con letras personalizadas e outras que relataban os hábitos frecuen­tes das mozas cada domingo publicadas na primeira edición

Descarga das partituras en formato PDF e reproducción  en formato MIDI

 

Título

Descarga PDF

Reprodución MIDI

1

Eu vou ve-la miña fraga

2

Zapateira foliosa

3

Zapateiro Chorico

4

Dame lume Clara

5

Rosiña anda descalza

6

Palmira, lara Palmira

7

O patrón botoume fóra

8

Romance de Chelo

9

Teño unha herba na horta

10

Escoiten señores presten atención

11

Heilles contar unha historia

12

Carmiña do meu agrado

13

E o ano trinta e oito