PEL - REACTIVA - Concello de Boimorto

Convocatoria bases específicas reguladoras das axudas de concellos adheridos ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña ( PEL-REACTIVA) poden ver as bases completas premendo no enlace.
 
BENEFICIARIOS: persoas traballadoras autónomas con o usen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos seguintes:
  • GRUPO I.- SOLICITANTE POIDA ACREDITAR TER INTERROMPIDA A SÚA ACTIVIDADE OU ACTIVIDADES, AO VERSE AFECTADA POLO PECHE EN VIRTUDE DO DISPOSTO NO RD 463/2020 DO 14 MARZO POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA E A SÚA MODIFICACIÓN APROBADA NO RD 465/2020 DO 17 DE MARZO.
  • GRUPO II.- NO CASO DE NON PODER ACREDITAR A DITA CIRCUNSTANCIA, PASAN AO GRUPO II E TERÁN A OBRIGA DE ACREDITAR QUE A FACTURACIÓN NO SEGUNDO TRIMESTRE FISCAL DE 2020 SE VIRA REDUCIDA, POLO MENOS, UN 75% EN RELACIÓN COA MEDIA EFECTUADA NO SEMESTRE NATURAL ANTERIOR Á DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA.
  • GRUPO III.- QUE SE VIRAN NA OBRIGA DE ACOLLERSE A UN ERTE NOS TERMOS DO RD 465/2020 DO 17 DE MARZO.

PERSOAS FÍSICAS.- ALTA NO RÉXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS OU CALQUERA OUTRO POR CONTA PROPIA DA SEGURIDADE SOCIAL OU COMO MUTUALISTA DE COLEXIO PROFESIONAL, CON ANTERIORIDADE Á ENTRADA EN VIGOR DO REAL DECRETO 463/2020 DO 14 DE MARZO.

PERSOAS XURÍDICAS.- A DATA DE CONSTITUCIÓN DA EMPRESA DEBE SER ANTERIOR Á ENTRADA EN VIGOR DO RD 463/2020 DO 14 DE MARZO.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
  • Compra de material ( antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza).
  • Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións.
  • Reparación e conservación ( adaptación locais ás medidas do covid).
  • Primas seguros.
  • Subministracións ( augas, gas, combustibles, electricidade).
  • O IVE non é subvencionable.
IMPORTE SUBVENCIÓN:
  • TRABALLADORES/AS POR CONTA PROPIA OU AUTÓNOMOS, SEN TRABALLADORES AO SEU CARGO, AFECTADOS POLO PECHE OU AQUELES QUE NON SE VISEN AFECTADOS POLO PECHE PERO CUXA FACTURACIÓN SE VISE REDUCIDA POLO MENOS NUN 75%: 1.500 EUROS
  • TRABALLADORES/AS POR CONTA PROPIA OU AUTÓNOMOS CON TRABALLADORES/AS AO SEU CARGO E MICROEMPRESAS AFECTADOS POLO PECHE OU AQUELES QUE NON SE VISEN AFECTADOS POLO PECHE PERO CUXA FACTURACIÓN SE VISE REDUCIDA POLO MENOS NUN 75% OU QUE SE VISEN NA OBRIGA DE ACOLLERSE A UN ERTE:
    • 1 SÓ TRABALLADOR/A: 2.000 EUROS
    • ENTRE 2 E 5 TRABALLADORES/AS: 2.500 EUROS
    • ENTRE 6 E 9 TRABALLADORES/AS: 3.000 EUROS.
PERÍODO SUBVENCIONABLE: DENDE O 1 DE MARZO 2020 ATA O 31 DE DECEMBRO 2020.
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 5 DE NOVEMBRO ATE AS 14:00 HORAS DO DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2020. O PRAZO TEN CARÁCTER IMPRORROGABLE.
 
OBRIGA: MANTER A ALTA POLO MENOS 3 MESES DENDE A FINALIZACIÓN DO PERIODO SUBVENCIONABLE.
 

Colabora Logo Deputacion