Dende o Concello de Boimorto pretendese desenvolver varios cursos ao longo do ultimo cuatrimestre do ano.
Os cursos serán un día á semana e os horario decidiranse entre os participantes. Os interesados deberan inscribirse canto antes chamando ao Concello xa que as prazas son limitadas. A ultima data para se inscribir será o 15 de setembro de 2011.
*Iniciación á INFORMÁTICA
Centro de Maiores (un día semana) iniciación á informática dende un punto de vista básico ( Windows, programas de tratamento de textos e iniciación a Internet)
*Iniciación á INTERNET e CORREO ELECTRÓNICO PARA ADULTOS
Internet converteuse en poucos anos nun dos motores que move o mundo, a diario está presente na vida da maioría das nosas vidas, facilitando a comunicación (Chat,facebook,...) a busca de información, o seguimento das noticias en tempo real, ...
*Obradoiro RISOTERAPIA
A risa é unha mediciña gratuíta, técnicas de relaxación, liberar tensións, expresión corporal, xogos, exercicios de respiración, utilizando a risa como camiño para eliminar bloqueos emocionais, físicos e mentais (límite de participantes - por orde de inscrición)
* Obradoiros de PINTURA-DEBUXO
Haberá un para nenos/as e outro para adultos, buscando fomentar ás técnicas de pintura, a creatividade, como forma de desconectar do traballo ou como entretemento no tempo de ocio.
Categoría: