Como todos os visitantes desta web saben no ano 2006 producironse en galicia unha serie de incendios forestais cuns resultados catastróficos. Dependendo das fontes fálase de entre 77.000 e 85.000 hectareas queimadas, o que supon case o 3% da superficie de todo o territorio galego.
En resposta a esta situación a xunta de galicia ditou a Lei 3/2007 de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Segundo esta dábase un prazo de 2 anos para que todas as plantacións que non respetaban unha franxa de 50 metros arredor de calquera instalación ou vivenda fosen taladas (Artigo 26 e Disposición Transitoria cuarta desa Lei).
Este prazo remata o vindeiro 17 de abril de 2009, nos casos que non se levaron a cabo estes traballos de corta o concello actuará emitindo as correspondentes ordes de execucion cuxo incumprimento permitirá ó concello, previo expediente, impoñer sancións así como proceder á execución forzosa dos traballos sinalados.
Así mesmo, esta lei obriga a manter limpa de maleza unha franxa de 100 metros ó redor dos núcleos, as chamadas faixas de xestión da biomasa, encamiñadas a conseguir diminuír o risco para as persoas en caso de incendios forestais.
Para máis informacion acudan ós servizos de urbanismo os luns e mércores das 10 da mañá ás 2 da tarde.
Categoría: